Tuesday 21 de May de 2024

Preto dunha trintena de persoas gozaron dunha tarde de artes escénicas coa obra ‘Tabú’ na Casa da Cultura de Camporrapado


A Casa da Cultura de Camporrapado acolleu onte pola tarde unha sesión de artes escénicas. A compañía Tarabela Creativa puxo en escena a obra Tabú. Un espectáculo que contou coa asistencia de preto dunha trintena de persoas.

Baixo todas as medidas de seguridade e prevención contra a expansión da COVID-19, a Casa da Cultura acollía, por segunda vez neste mes, unha sesión teatral, que conta co apoio da Deputación da Coruña. Tabú é un espectáculo de Carmen Conde que buscou transmitir ao público as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade, baseadas na experiencia e nas conversas con mulleres de entre 70 e 95 anos. A través das súas verbas, as persoas asistentes pudieron comprobar por que as mulleres de agora son fillas do tabú.